Descubrindo as gotas da nosa fervenza musical
Somos cinco rapazas emprendedoras, cargadas de ilusión e moito, moito entusiasmo, que publicamos unha microentrevista diaria (de luns a venres) a músicos e promotores de Galicia. Neste portal atoparás unha fervenza de proxectos e contactos.
Actividade musical en Galicia
No pequeno territorio galego vivimos hoxe unha época frenética de actividade musical con máis de 50 festivais cada verán e centos de concertos en vivo programados durante todo o ano.
Poucos lugares hai en Galicia onde os veciños non vivan cerca de algunha banda, grupo ou cantautor. Temos un dos índices europeos máis altos de músicos por cada 100 habitantes.
Iniciativa colaborativa
Con este proxecto de Fervenza Galega queremos crear un punto de encontro para coñecernos, para compartir os soños de artista, e sobre todo para aprender.
Que sorte poder vivir estes momentos colaborativos! Sabemos que pasarán os anos e, cando miremos atrás, poderemos dicir con orgullo: «Eu tamén estaba alí».
Queres acompañarnos?